O Ateneo acolleu onte a tarde o
debate que Ferrol en Común quere abrir en torno a situación real do emprego e
causas do desemprego na nosa comarca.
Aquí vos deixamos algunhas breves
pinceladas das intervencións dos nosos candidatos: Jorge Suárez, número un de
Ferrol en Común, Eugenia Freire, economista e número dous, Álvaro Montes,
número 3, ademais de Víctor Ledo, secretario xeral da Federación de Industria
de CCOO, o economista Manolo Lago.
Jorge Suárez, número 1: Maio debe ser o
inicio dun cambio de ciclo. A destrucción de 4.000 empregos no naval deixou un
exército de desempregados. Desde o Concello pódese crear emprego -13 millóns de
remanente de cartos sen investir-, que pasa por un Plan de Choque no primeiro
ano da lexistura. Auditar e remunicipalizar servicios en mans de
multinacionais, fomentar o cooperativismo agrícola e social e traballar para a
diversificación industrial real”.
Eugenia Freire, número 2: O desemprego en
Ferrol acadou en 2014 o 28% mentres na provincia de A Coruña non chegou o 20%,
en no conxunto de Galicia non superou o 22%. A cidade perdeu 12.000 veciños
desde 1998 e os plans de reindustrialización fracasaron estrepitosamente pola
ineptitude da Administración e a falla de empuxe do empresariado local.
Álvaro Montes, número 3: En Ferrol, son os
avós os que teñen que dar de comer os fillos e netos, en moitos dos casos cun
20% de familias sen cartos. Non podemos depender de que os que xeraron os
problemas nos saquen de eles porque non é unha solución, é unha perversidade.
Ferrol en Común é quen de xerar esa ilusión e esta é a oportunidade.
Víctor Ledo, secretario xeral da
Federación de Industria de CCOO: A industria é o pilar da economía, o que xera
riqueza e otorga o poder adquisitivo. O garante que sostén a educación e a
sanidade, servicios públicos de calidade. O flotel de Pemex non é o barco que
tiña que estar na grada, aporta pouco valor engadido. En Ferrol, foron 34 os
ERES e case que todos remataron en despido mentres hai 250.000 traballadores
que agardan pola renovación dos seus convenios colectivos. A reforma laboral
prioriza os convenios de empresa que van por debaixo dos provinciais. Tradúcese
en precaridade, perda de dereitos e salarios mais baixos.
Manolo Lago: Nesta gran rececesión, os PIB de Alemaña
e España caeron un 6%, pero España
destruiu un de cada cinco empregos (20%), algo que non aconteceu no país
xermano. O drama ten relación coa estructura productiva e en como se organiza o
mercado laboral. O que en Alemania chaman 'traballo corto', aquí remata en ERE
porque o emprego é fráxil. Aínda que parece que medre a economía, é sobre
servicios de baixo valor o que da unha falsa ilusión de crecemento que debe ser
sobre unha base industrial.
Ferrol ten que facer barcos, pero
non só barcos. Tamén reparar, eólica, turbinas e desde a innovación.
TES
VOZ, SOMOS A TÚA VOZ, FAITE OIR..