A candidatura de unidade popular impulsada en Ferrol por Anova, Esquerda
Unida e inscritos da Asemblea de Podemos, continua presentando as liñas básicas
do que será o seu programa de goberno, o cal está aberto á participación de
todo o tecido social e cidadanía en xeral
Ferrol en Común marca no seu programa de goberno os obxectivos de garantir a todas as persoas o acceso a unha
práctica deportiva e de calidade, basada na igualdade, na integración e no
dereito á saúde
Ferrol en Común Establecerá accións
encamiñadas a facilitar a participación de clubs da cidade en competicións
deportivas de alto rendemento deportivo. Plans acordados de xeito
individual con cada entidade para adecuarse ás súas necesidades
Favorecerase así mesmo, a posibilidade de que os cidadáns poidan acercarse
e participar nas múltiples modalidades deportivas que se oferten na cidade a
través de políticas de promoción do
deporte base e iniciación deportiva.
Ferrol en Común Elaborará un plan
estratéxico dirixido á promoción e práctica de actividade física deportiva como
mellora da saúde e calidade de vida, adecuando e controlando o uso das
instalacións deportivas, adecuando a oferta ás necesidades reais e potenciando
a construción e adecuación de espazos para o uso no tempo de ocio
En canto a instalacións deportivas, Ferrol en Común implementará un plan de mantemento e arranxo das
instalacións deportivas, como requisito imprescindible para a conservación das
mesmas e poder alongar a súa vida útil e adecuando o seu uso aos obxectivos
para os que foron deseñadas, asi como un plan
de uso de novos espazos adecuando as posibles inversións ás necesidades
reais da sociedade