Hoxe
a tardiña, o Ateneo acolleu un Foro Aberto organizado por Ferrol en
Común baixo o lema: "En
común xuntando mans para gañar en benestar en saúde", no
que participaron, entre outros, Jorge Suárez, número un da lista e
candidato a Alcaldía, Álvaro Montes (3), Suso Basterrecha (5),
Montse Garel, Manolo Castro, Carlos de Río ou Rosario Alabau, entre
outros.
Convidamos
a todas as asociacións, organizacións sociosanitarias e de
diversidade funcional da nosa comarca - Asfedro, Alcer, Affinor,
Arraigo, Aspaneps, Aspanaes,...- co obxectivo de facer unha posta en
común, participar na análise da
situación en Ferrolterra e, aínda máis importante, na búsqueda e
achega de potenciais solucións os problemas nos que estas entidades
se atopan no día a día.
Froito
do debate, xorde a necesidade de implementar plans de emprego
específicos para colectivos tradicionalmente marxinados que bordean
a exclusión -como os drogodependentes rehabilitados-, ademais de
insistir na conveniencia de fixar reunións entre entidades con
carácter periódico para remar na mesma dirección e mesmo compartir
recursos (persoal e medios) entre asociacións, buscando e reclamando
novos cauces para implicar a Administración local no traballo cotiá.
Os
voceiros e representantes destas entidades denunciaron recortes de
ata un 25% nos fondos que sosteñen os programas de saúde mental,
por exemplo, que imposibilitan a aplicación efectiva dos programas
preventivos e mesmo limitan os tratamentos nun crecente 'déficit de
técnicos da Administración local'. Critican que a espiral frenética
de retallos nas subvencións públicas das que se nutren, os deixan
no borde da desaparición. “As entidades sociais estamos tirando de
amigos para aguantarnos”, denuncian.
Ferrol
en Común aposta pola recuperación da institución municipal como
garante de xustiza social e de integración e co obxectivo político
de rescatar Ferrol e unha vida digna de ser vivida. “Creemos nos
servicios públicos, en respostas rápidas para situacións que non
admiten demora”, defende FeC.
Queremos
concellos nos que a Xustiza Social sexa o eixo vertebrador na
implementación das súas políticas. Isto implica levar a cabo
accións encamiñadas a defensa dos dereitos sociais de todas as
personas, sen exclusión, e que traten de desenvolver as capacidades
das persoas e dos colectivos agredidos por unha crise e un sistema
que os exclúe.
Pasa
por asumir servizos esenciais para a comunidade, rompendo coa actual
dinámica
de deixadez de funcións por parte da Administración ferrolá.
Pasa
por municipalizar servicios básicos que están en mans privadas.
Pasa
por socializar os recursos dispoñibles de forma transparente e
responsable.