Con
2000 empregos destruídos máis nos primeiros tres meses do ano, 700
deles industriais, continúa, pinga a pinga, o desmantelamento da
nosa cidade sen que os representantes do noso goberno local levanten
a voz, nin tan sequera para comentar a gravidade da noticia.
O
marcado carácter sumiso ao que nos ten acostumados o PP local ponse
de manifesto, unha vez máis, co seu silencio, apoiando desta maneira
a aqueles que queren disfrazar a verdadeira realidade na que se atopa
inmersa o conxunto da nosa sociedade, e dándonos a razón a aqueles
que pensamos que aínda queda moito por facer para que a saída desta
crise teña consecuencias sobre la economía real.
Xa
non é tempo de seguir soportando políticas de marcado estilo
neoliberal, ditadas desde os gobernos central e autonómico; non
podemos perder a oportunidade de que en Ferrol sexa o sector
industrial o que nos arranque desta situación, o sector que tira da
economía de aquí en adiante, en definitiva, o sector que nos
permita deixar atrás un modelo de crecemento baseado en actividades
de baixo valor engadido, que rachan á primeira dificultade e que xa
quedou demostrado que non é un modelo válido a longo prazo
É
máis que evidente que as políticas baseadas na forte restrición do
gasto e unicamente encamiñadas á redución do déficit público
provocan un empobrecemento social, abolindo dereitos laborais
consolidades fai anos e sen que o crecemento económico, como única
fonte xeradora de emprego, sexa o obxectivo principal
En
Ferrol é absolutamente indispensable unha renovación política
local cun obxectivo claro: o benestar cidadá, entendido no seu
sentido máis amplo, onde os seus dereitos estean por riba das
directrices estatais e autonómicas dos partidos tradicionais.
Ferrol
en Común representa ese cambio político. Formado por un grupo de
persoas sen ningún tipo de interese particular e que o seu único
obxectivo é traballar e traballar para e co conxunto da cidadanía,
como cidadáns/ás que somos. O noso obxectivo non está marcado
dende fóra da nosa cidade. A nosa intención é situar a Ferrol como
referente industrial do norte de Galicia. Tan só, conseguido o
obxectivo, darémonos por satisfeitos