Ferrol
en Común mantivo hoxe a tarde unha reunión coas ANPAS do municipio
para abordar unha cuestión prioritaria como é para a nosa formación
política a mellorar das oportunidades de todos os alumnos dos
centros de ensino público e concertados da cidade, coa dotación de
medios materiais e humanos que precisen acorde as súas necesidades
educativas.
A
reunión celebrouse as 18:00 horas desta tarde na traseira do mercado
de Caranza coa presenza de Jorge Suárez Fernández, número un da
lista e candidato a Alcaldía de Ferrol, Álvaro Montes, no posto 3,
e o concelleiro Suso Basterrechea, número cinco da lista de FeC.
A
reunión coas Anpas era una prioridade absoluta do noso calendario
político por ser a educación un aspecto que nos tiña, e nos ten
aínda, particularmente alarmados tras destes últimos anos de
retallos orquestados desde as Administración do PP, que afondaron no
deterioro na calidade do ensino. Así nolo trasladan de cotío os
mestres e pais dos alumnos, que son os primeiros en detectar a
precariedade na escola e os casos de nenos e nenas, moi cativos ou xa
adolescentes, que arrastran os seus centro a situación que viven na
casa, cos pais lastrados polo desemprego a asfixia económica e
tensión familiar que iso conleva, e con escasos recursos municipais
dos que tirar.
A
EDUCACIÓN, en letras maiúsculas debe ser, para Ferrol en Común, un
dereito universal, gratuito e de calidade no eido público e co
laicismo, a pluralidade e a democracia como sinais de identidade para
unha ensinanza científica e rigurosa, respetuosa coas diferencias e
integradora na interculturalidade desde o respeto ás persoas.
¿Qué
propoñemos no concreto?
Abrir
os comedores nos periodos non lectivos,
e fixar convenios cos proovedores locais para surtir as súas cociñas
con productos das nosas horta, a través do cooperativismo.
Outro
aspecto importante pasa polo
reforzo do plantel do profesorado para a inclusión de colectivos en
risco,
naqueles centros onde a porcentaxe de alumnado inmigrante, de etnia
xitana ou con especiais dificultades de aprendizaxe, por causas
diversas, o faga preciso. Estamonos a referir, en particular, os CEIP
Recimil, San Xoán, Esteiro e Manuel Masdías, pero faise extensible
a todos aqueles que o demanden e o xustifiquen.
Reclamamos
a
presencia da Área de Servizos Sociais do Concello de Ferrol no
Consello Escolar para
dar solucións concretas cos recursos municipais a problemas, tamén
concretos, de nenos e nenas que cursan estudos no municipio, ademais
de dar un forte impulso a cooperación entre centros para implementar
as actividades con criterios educativos.
En
derradeiro lugar, non queremos esquencer ó impulso a creación de
novas escolas infantís
públicas que permitan conciliar a vida laboral e familiar e
recuperar poboación nun concello que se desangra en habitantes e só
medra en desemprego.