É
inevitable para calquera ferrolán non vivir nun estado de permanente
morriña; morriña do que Ferrol foi, do que é e do que vai rematar
“sendo”. A cidade leva dende hai tempo na mesa de ciruxías e os
gobernos que foron encargados de rexurdila decidiron que,
simplemente, era mellor pasar o seu turno de traballo o mellor
posible; que xa chegaría o seguinte turno máis inspirado se cadra.
O turnismo infinito. Quizáis esa sexa unha das causas da situación
actual: ningún goberno se atreveu a meter o bisturí porque para
facer un proxecto real de cidade a longo prazo, hai que manchar as
mans. Ferrol é unha vítima da política de chapa e pintura do
bipartidismo e xa sabemos que por moito que á “mona” a vistan de
seda… E cando se desvanece o oasis da Semana Santa e se levantan as
alfombras vermellas da “fashion night”, Ferrol “bello” volta
a ser iso; Ferrol Vello.
En
Ferrol respírase un ambiente coma de fin do mundo. Coma o aire que
se respira no quirófano previo ao loito do cadáver da cidade. Alén
do consciente ou inconsciente que sexa cadaquén deste feito
palpable, se hai algo que sabe a xente de Ferrol é loitar. Coido que
levamos ben gravado na mente que “loito” en galego ten un dobre
significado. Por iso, canto máis enloitados nos atopámos na negrura
da morte da cidade; máis loitamos. Loitamos instintivamente,
creativamente, artisticamente, imaxinativamente… Soñamos.
Son
tempos difíciles para os loitadores e é por iso que avogo pola arte
e a cultura, quizáis non coma medio transformador da sociedade en sí
mesmo, pero sí coma un despertador da xente transformadora, das
mentes loitadoras que non se resignan. Que non deixan oco para o
derrotismo nin aceptan o pensamento manufacturado imposto. Ónde
estades os Miguel Hernández da época? É ora xa de que, nun acto de
verdadeira liberdade, rompamos este silencio cómplice que nos
carcome.
Precisamos
unha reforma profunda que veña da man dos artistas que non coñezan
o derrotismo, dos que saben vivir na inestabilidade e abrazar ao
caos. Porque saben que o caos é a orixe do mundo, o “big bang”
do universo. Por iso, eu elixo o caos fronte ao bipartidismo; eu
apoio a Ferrol en Común como “big bang” do cambio en Ferrol.
Soñemos!
Saínza
Ruíz.