![]() |
Ascensorazo de Mella |
Ferrol en Común deixará a elección
dos veciños as liñas de política urbanística a desenvolver na cidade e recabará
a súa participación para priorizar as obras que é preciso acometer, coa
planificación temporal axeitada, a través da redacción dos orzamentos
participativos lonxe do caos electoralista no que nos ten sumido este Goberno
local do PP, tan apresurado en rematar as obras antes dos comicios que apenas
nos deixan camiñar polas rúas.
É unha das liñas de
acción das que hoxe deu conta Jorge Suárez, candidato de FeC a Alcaldía de
Ferrol, nunha rolda de prensa a pé de obra no Cantón de Molíns, coas grúas de
fondo.
“De tres anos de
paralización teórica ás presas descoordinadas última hora”, resumiu Suárez, que
criticou que sexan os intereses partidistas os que moven a roda das obras do
Concello ferrolá, que curiosamente, sempre recaen nas mesmas empresas.
Demasiadas veces,
denuncia Ferrol en Común, foron con procedementos negociados sen publicidade o
van a mans de compañías ligadas o imperio de Florentino Pérez en todas as súas
ramificacións sen repercutir no emprego local e nas pequenas contratas do
municipio.
Fronte a iso, política
coordinada, transparente e con adxudicacións claras que recupere as cuadrillas
municipais para acometer as obras de xeito que redunde na empregabilidade dos
veciños, sen frivolidades como o ascensor de Mella cando hai outras prioridades
mais acuciantes como darlle unha solución sólida a Praza de Armas.
Pola súa banda, Álvaro
Montes, número tres da lista de FeC, pediu desterrar as obras faraónicas e os
grandes proxectos que sempre se prantean en campaña electoral como promesas que
non se materializan para ir a casos concretos como o arranxo do Mercado de
Caranza, condenado á privatización por 30 anos, Porta Nova, os usos do Sánchez Aguilera e o campo de fútbol de San
Xoán. Na rolda tamén tomaron parte Isabel Domingo (Número 10) e Damián Calleja