- A pasividade do goberno municipal
respecto ao sector naval público convérteo en cooperador necesario da súa
degradación intencionada
![]() |
O presidente de Navantia, JM Revuelta, durmindo tras unha reunión sobre o Dique Flotante |
Ferrol, 29 de abril de 2015.- Na nosa cidade 4705
persoas anotadas nas listas do paro non reciben ningún tipo de prestación. Unha
cifra similar aos postos de traballo perdidos no sector naval na última
lexislatura de Rey Varela. Vanagloriarse na apertura de precampaña, por parte
do actual alcalde, de contar co respaldo cidadá, apelando á recuperación do
Sector Naval é una vexación a todas as familias que están en situación de
extrema necesidade por mor do esmorecemento dun Sector Industrial
imprescindible para que Ferrol volva a xerar emprego, para o comercio local,
para un Ferrol para vivir.
Ferrol en Común comprométese a ser dinamizador da
loita social contra o desmantelamento do sector naval público, demandando con
firmeza, máis alá de teatralizaciones e ataques blandos contra o presidente da
Sepi e Navantia, colocados polo propio Partido Popular, as reivindicacións que o sector naval precisa:
-
Carga de
traballo e a construción dunha Fragata F-110
- Dique
flotante e novo dique seco cuberto, para impulsar un área que xera emprego,
como é a de reparacións
-
O
rexuvenecemento do cadro de persoal dos estaleiros da Ría
-
Un
investimento masivo para permitir reflotar un sector punteiro
- Un convenio Xunta, Navantia, UDC, Concello para crear un centro tecnolóxico nos terreos de defensa, que permita avanzar en I+D+i
Os enganos do flotel, agora posto en dúbida mesmo o
seu pago por parte de Pemex, a sobreexplotación e degradación das condicións
laborais, os EREs e a desertización industrial da comarca non poden ser
solventadas con declaracións como as de Juan Juncal, “pedir o dique flotante é
un suicidio” ou creando un novo polígono industrial, cando temos solo
industrial dabondo en Río do Pozo ou Vilar do Colo. Firmeza, aglutinar a loita
social, facer do Naval Público unha reivindicación de cidade son os obxectivos
de Ferrol en Común