Ferrol 2015. Cambialo todo. Artigo de Álvaro Montes de apoio a FeC




No próximo mes de maio celebraranse unhas eleccións municipais que van máis alá de escoller uns organos de goberno e de xestión municipal

Ferrol é un claro exemplo do significado político de bipartidismo-sistema onde por un lado temos a finais dos setenta unha mal chamada "transición" que trae como consecuencias: 

Desigualdade, corrupción, negación da soberania económica e social, negación dos dereitos a decidir e por outro lado temos a principios dos ointenta, unha mal chamada "reconversión industrial" que trae como consecuencias: 

Paro, precariedade, emigración, avellantamento, fame e mesmo a inviabilidade de Ferrol como cidade

Vivimos nunha cidade que parou o reloxo, onde os comercios pechan por melancolia, temos varias xeracións condenadas a unha crise perpetua, e onde ter o carné de certos partidos dá oportunidades que doutro xeito non terías

Resulta indignante para as persoas que non temos traballo,ver como as reformas laborais levan a que os contratos sexan por días, mesmo por horas e en cambio, os servizos publicos que se privatizan firmanse por anos, mesmo por décadas...para quen goberna esta xente?

Dende Ferrol en Común, a nosa chamada é a unión das clases sociais empobrecidas, a que sexamos nós mesmos os protagonistas da nosa existencia. Non debemos caer na perversividade de que os culpables sexan parte da solución
Ferrol en Común é unha chamada a practicar a rebeldía, a cambialo todo

Álvaro Montes-Candidato de Ferrol en Común