Imaxino que como tantos cidadáns, a
estas alturas son moi escéptica e síntome estafada, que máis que
ter claro o que quero, sei moi ben o que xa non quero. Din que a
memoria é
traicioneira, pode ser, dende logo sempre é sectaria e vou cansa de
escoitar leiras que soan rancias e carecen de autocrítica.
Un proxecto
COMÚN, para xente COMÚN... o esforzo de amalgamar ideas e
sensibilidades diferentes, a xenerosidade de colocar nos primeiros
postos da lista a persoas independentes. Venme á memoria unha frase
do grande Galeano: “Ojalá podamos tener el coraje de estar solos y
la valentía de arriesgarnos a estar juntos”.
Tampouco esquezo
que COMÚN é tamén o sentido que parece máis escaso nestes tempos.
Sorte a eles e sorte a todos!