Ferrol:
cidade sen dúbida especial, acostumada aos polos e aos
enfrontamentos. Berce dos máis reaccionarios e progresistas, das
mellores paisaxes e das peor coidadas e maltratadas, de persoas
nobres e pouco valoradas, ….
Os
datos do paro, da veciñanza que deixa a cidade na busca dunhas
mellores condicións, da desigualdade, da despoboación,... son
demasiado repetidos, demasiado duros, demasiado certos. Tanto que nos
abordan e pretender quitarnos continuamente a ilusión dun presente e
futuro mellor.
Esta
realidade nos intenta arrasar e afundirnos nos enfrontamentos, e a
súa vez, a que debemos transformar, que recolocar. Esa negrura non
pode facer que desfalezamos, que nos rendamos.
A
dereita que nos goberna xa sabemos o que nos ofrece: decisións
unilaterais, confrontación, soberbia...Ante iso : cohesión,
participación, solidariedade, ...
Os
que estamos a vivir esta experiencia que supón Ferrol en Común,
sabemos perfectamente que é o camiño a seguir desde a esquerda da
cidade e a todos os niveis.
Que
se xunten tres partidos políticos e cidadáns nos adscritos máis
politicamente posicionados nunha mesma fronte, desde logo , non é
sinxelo, máis si necesario.
Os
logros obtidos valerán o dobre e o camiño a andar será máis
sólido e terá menos atrancos. A unión da esquerda non é un
paradigma a buscar, non é unha utopía, é unha necesidade. Unha
necesidade realmente produtiva, onde superadas determinados matices
que se atopan no comezo, aparecen as grandes ideas e intencións que
nos agrupan, que se necesitan para un Ferrol mellor. Onde vivir na
nosa cidade non supoña sempre falar dos problemas que a ateigan.
Un
Ferrol onde valorarnos máis os uns aos outros, un Ferrol que cando
atopemos a un veciño fora dela fale das marabillas que nos arrodean,
e non das trabas que se atopan na súa cidade. Onde a propia
autoestima coma ferrolán suba cara o lugar que merece.
Eu
desexo, coma tanta xente na cidade, que o domingo 24 de maio, a
cidadanía de Ferrol saiba o importante deste momento histórico que
estamos a vivir, que outros catro anos do Partido Popular van ser una
desfeita, que o votar non é una opción, é o que hai que facer.
Dicía
Silvio Rodríguez nunha canción:
“Cuando
escriban la vida los buenos, al final vencedores, se sabrá que no
usamos veneno, como aroma de flores”.
E
dicía tamén o cubano Pablo Milanés noutro tema: “No es perfecta,
más se acerca a lo que un día simplemente soñé”.
Ferrol
en Común é a miña opción e penso que é o camiño a seguir nunha
esquerda que necesitamos forte e unida.
Despois
do 24 de maio: a andar e construír, antes a votar.
Miguel
Castro Serantes é mestre, activista social e membro de Esquerda
Unida.