O
pequeño comercio está en situación crítica logo destes catro anos
de asfixia
entre obras, falla de transporte e aparcamento e priorización das
grandes áreas comerciais en detrimento do local
Ferrol en Común denuncia a inactividade do goberno municipal
respecto ao comercio local, a hostalería e os mercados municipais,
que foi marxinado na política deixando aparte as medidas efectistas
e nada efectivas impulsadas desde a concellería que encabeza
Alejandro Langtry.
Coidamos
que o reparto de vasos e bolsas entre os bares, ou a contratación
dunha empresa privada, Auren Consultores BIO que cobraba por comercio
aberto, e quedou nunhas poucas pegatinas con cargo os fondos do Plan
Urban, e do que aínda descoñecemos o informe, non deu ningún
resultado sen que ningúen asumira as responsabilidades deste
desleixo.
A
insuficiencia dos investimentos a través do Plan Urban, máis de 10
millóns de euros, en estimular a economía local son consecuencia da
aplicación electoralista do mesmo, adecentando rúas, mentres os
comercios pechan e as casas caen. Para guinda do pastel, neste último
pleno privatízase o Mercado de Caranza, onde se instalará outra
gran empresa de alimentación e preténdese facer o propio nos
terreos do Sánchez Aguilera. Iso demostra que este goberno municipal
pretende seguir o modelo A Coruña, grandes áreas e afundimento da
economía local.
Ferrol
en Común impulsará
e dinamizará o comercio local, prohibirá
a utilización de chan público para a instalación de áreas
comerciais e fará dos
mercados municipais o eixo
sobre o que se articulará o cooperativimo
agrícola de impulso municipal.
Propoñemos
unha MarcaFerrol,
así como facilitar
o acceso aos postos baleiros aos desempregados de larga duración e
colectivos en risco de exclusión social.
Ferrol
en Común habilitará unha
Oficina de comercio e mercados participada,
co fin de crear unha bolsa de locais baleiros, incentivando o aluguer
con incentivos fiscais nos impostos municipais, xerando unha páxina
web onde publicitalos, fomentado a cooperación para transmitir entre
o colectivo o coñecemento necesario e as oportunidades de negocio, e
o feito de compartir locais entre empresas diversas.
Así
mesmo, habilitaranse partidas co fin de avalar e impulsar un sistema
de microcréditos con convenios a través da banca ética a interese unicamente
ligado ao IPC que permitan comezar negocios, preferenciando aqueles
que sirvan produtos locais ou xeren máis postos de traballo, así
como sobre as persoas en dificultades de inserción no mercado
laboral.
Ferrol
en Común cre que o consenso cos praceiros non é óbice para buscar
un novo modelo de mercado, que sirvan de oportunidade a algún dos
7613 desempregados e desempregadas da nosa cidade, que son quen
merecen o maior consenso, e quere por de manifesto, que para a
reactivación da economía local, cos máis de 700 comercios
pechados, a reactivación do comercio e hostelería ten que vir
ligado da microeconomía local e da creación de emprego, non das
concesións de longa duración a macroempresas que xeran postos de
traballo precario e levan os beneficios ao seu lugar de orixe, sen
redundar na economía local.