O
dereito á vivenda aparece recollido tanto na Constitución como
noutros regulamentos a nivel internacional entre eles a Declaración
dos Dereitos Humanos
que entende lexítimo para as persoas “un nivel de vida axeitado
así como unha vivenda digna”.
Emporiso, nos últimos anos por mor da crise xa non só en Galicia
senón en todo o Estado Español, este dereito estivo conculcado.
A
cuestión dos desafiuzamentos únese a grande lista de agravios e de
abusos que durante todos estes anos os distintos gobernos de
diferente cor, permitíronlles ás entidades financeiras, bancos e
fondos bolsistas,
entre os que están temas como as “claúsulas chan” ou as
“preferentes” que nun caso permitiron os bancos impor xuros
abusivos e noutros vender produtos de alto risco á anciáns e
xubilados.
Desafiuzamento |
Unha
situación de abuso favorecida por unha burbulla inmobiliaria, pola
avaricia feroz dos poderes financeiros e coa connivencia dos gobernos
do PSOE e do PP. Todos
estes actores propiciaron que entre o ano 2007 e 2014 máis de medio
millón de persoas perderan os seus fogares. No caso de Galicia o
dato foi máis claro, durante o ano pasado houbo tres execucións
hipotecarias ao día. O caso da nosa comarca aínda peor, cunha
situación de desemprego por enriba da media do Estado e de Galicia,
e moi azotada pola crise e que non foi axena a estas consecuencias.
FeC
considera que esta situación é unha verdadeira “emerxencia
social” a que hai que dar resposta dende os poderes públicos.
Nunha cidade con 9 000 vivendas baleiras, non é posible que miles de
familias que durante estes anos perderon os seus fogares non atoparan
unha solución habitacional axeitada e digna.
Apostamos por unha vivenda e aluguer social. Camiñamos a unha cidade
libre de desafiuzamentos, na que a atencións as vítimas sexa a
prioridade. Os cartos públicos non son para rescatar aos bancos
senón para as persoas vítimas dos abusos bancarios.
Dende
FeC pensamos que Ferrol coma cabeceira da comarca ten que ser a
punta de lanza en aforntar esta “emerxencia social”
e por iso apoiamos a declaración do “Concello
libre de desafiuzamentos”
xa que cómpre
garantir
o dereito básico do acceso a unha vivenda digna de toda persoa,
libre de calquera discusión.
A dita declaración non queda nun compromiso baleiro xa que falamos
dunha oficina de apoio aos desafiuzados, o estímulo do aluguer
social ou o gravamen no IBI ás vivendas baleiras en propiedade dos
bancos como piares da nosa política social que constrúa unha cidade
para ás persoas.
Consideramos
que unha
das medidas máis urxentes é presionar aos poderes financeiros dende
os poderes públicos, para posibilitar a “dación en pago”. Para
permitir que as persoas poidan saír adiante achegando a súa
propiedade e non cargar toda a vida cunha débeda por un inmoble o
propiedade que xa non é seu.
Unha
cuestión recoñecida na Lei hipotecaria no seu artigo 140 pero que
en España non é do común. É
importante presionar para mudar a Lei hipotecaria que permitiu o
asalto aos cidadáns e que a propia UE considera que vulnera a
normativa comunitaria porque non garante unha protección eficaz, e
que agocha claúsulas abusivas entre elas non aplicar a antedita
“dación en pago” ou os xuros de mora excesivos.
FeC
entende que os
poderes públicos teñen que defender os dereitos dos cidadáns,
sobre todo cando estes foron violados de xeito sistemático por parte
dos poderes financeiros e que levaron a milleiros de persoas a
exclusión social e a unha situación de vulnerabilidade. Por iso
dende FeC apoiamos a Moción presentada pola PAH sobre o dereito a
vivenda, para promover unha declaración institucional por parte do
Concello de Ferrol neste sentido.