Dous
feitos están relacinados coa celebración do día 8 de marzo que foi
declarado en 1975 o Día Internacional da Muller;
por un lado fai
referencia
aos feitos que sucederon nesa data do ano 1908, onde morreron
calcinadas 146
mulleres traballadoras da fábrica textil Cotton de Nova York
nun incendio provocado polas bombas incendiarías ante a negativa de
abandonar o encerro no que protestaban polos baixos salarios e as
infames condicións de traballo que padecían.
Anos
antes en 1857 tamén un 8 de marzo as traballadoras do textil
tomaron a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar
polas miserentas condicións nas que traballaban. Unhas 15.000
mulleres marcharon pola cidade, esixindo unha redución da xornada
laboral, mellores salarios e dereito ao voto. A historia do 8 de
marzo é a historia da loita das mulleres por melloras socais e
laborais.
O asociacionismo femenino foi moi importantes sobre todo no ámbito fabril- textil onde as mulleres sufrían unhas condicións laborais de semi- escravitude |
Isto
que forma parte da historia do feminismo e da loita obreira fai que
lembremos que o sistema sexo- xenéro patriarcal, antes como agora
determina a construción dunha sociedade desigual entre homes e
mulleres, permite a pervivencia de distintos xeitos de violencia
contra as mulleres e xoga un papel importante á hora de
invisibilizalas en todos os ámbitos (económico, cultural,
social...).
As mulleres xogaron un papel protagonista nos acontementos históricos. Mulleres Revolución Rusa (1917- 1921) |
Un sistema presente na nosa vida cotiá, nos
micromachismos diarios, nunha linguaxe sexista, na escola, nos
medios, nas relacións laborais, e mesmo no xeito de contar a
historia ou a ciencia onde o protagonismo é absoluto e sempre dos
homes, eles son os grandes protagonistas da historia. Pero a
realidade é, que as mulleres xogaron un papel fundamental nos
grandes procesos históricos xa sexa nas revolucións (nomeadamente
Revolución Francesa e Rusa) e tamén no avance da ciencia ou da
literatura, pero aínda a día de hoxe son as grandes descoñecidas.
A historia das mulleres é unha materia pendente, xa que como afirman Les Comadres “A historia sempre é contada polos vencedores, e as mulleres fomos sempre as vencidas en todas as guerras, non só nas bélicas”. Pero reler a historia en clave femenina non significa só rescatar o protagonismo das mulleres no pasado senón presentar instrumentos para repensar a dinámica histórica no seu conxunto, e comprender a invisibilización sistemática das mulleres ao longo da historia e nos grandes momentos de cambio social, nos que a pesar da súa contribución e protagonismo tratouse sempre con desleixo. Cómpre que nos fagamos unha pregunta Por que?.
A historia das mulleres é unha materia pendente, xa que como afirman Les Comadres “A historia sempre é contada polos vencedores, e as mulleres fomos sempre as vencidas en todas as guerras, non só nas bélicas”. Pero reler a historia en clave femenina non significa só rescatar o protagonismo das mulleres no pasado senón presentar instrumentos para repensar a dinámica histórica no seu conxunto, e comprender a invisibilización sistemática das mulleres ao longo da historia e nos grandes momentos de cambio social, nos que a pesar da súa contribución e protagonismo tratouse sempre con desleixo. Cómpre que nos fagamos unha pregunta Por que?.
No
ámbito da ciencia no que é tradicional falar “dun
mundo de homes”, a
invisibilización do traballo das mulleres é clara.
Se facemos un relato histórico da ciencia e dos seus protagonistas
todos coñecemos a Isaac Newton ou a Blaque Pascale. Fálase menos
dos importantes traballos científicos de Hipatia
de Alejandría que
fixo a primeira grande contribución no mundo das matemáticas e das
ciencias, Marie Sophie
Germain que coa súa
investigación logrou un avance dentro da teoría dos números ou
Rosalind Elsie
Franklin eminente
biofísica e cristalógrafa, que tivo unha participación crucial na
comprensión da estrutura do ADN, ámbito no que deixou grandes
avances. Un dato revelador para comprender o antedito, na historia do
premio nobel este foi outorgado 817 veces a homes, e só 47 veces a
mulleres.
Nos
movementos sociais e revolucionarios a historia tamén prescinde do
papel fundamental das mulleres. Na Revolución Francesa o relato
histórico non lembra a Olympe de Gouges que xogou un papel
moi activo nesta e que foi axustizada por entender que nese novo
proceso ás mulleres tiñan que ter voz e xogar un papel importante
lonxe do rol tradicional. Figura importante non só para o feminismo,
tamén para o triunfo da revolución, a mesma que rematou coa súa
vida por publicar A DECLARACIÓNS DOS DEREITOS DAS MULLERES, E DA
CIDADÁ. Pero tamén podemos falar dos grandes movementos
revolucionarios en America Latina, xa no século XX as mulleres
tiveron unha importante presenza, oculta nos relatos históricos,
dende a revolución cubana como Celia Sánchez, guerrilleira en Serra
Maestra, ou Luiza Amanda Espinoza importantísima líder dentro do
movemento sandinista.
Dende
FeC queremos saldar esa débeda histórica coas mulleres e coas
mulleres rebeldes da nosa cidade que moitas veces foron ignoradas
cando contamos a historia obreira e de loita de Ferrol. Amada
García Rodríguez, Concepción Arenal, Maria Tell ou Concepción
Miranda entre outras que
representaron a loita de miles de mulleres, pola mellora das
condicións laborais, polo acceso das mulleres á educación ou por
rachar co rol tradicional das mulleres na sociedade da época.
As mulleres tiveron un papel moi activo no ámbito das Sociedades obreiras nos portos. Mullerees na carga e descarga do carbón |
Na
nosa cidade xogou un papel importante o asociacionismo feminino
sobre todo vinculado con oficios para protexer os dereitos das
mulleres. A principios do século XX, xurden distintas sociedades de
mulleres obreiras. Precisamente relacionadas coa Socidade de
Cargadores e Descargadores de carbón temos a Josefa Gomez Mera
afiliada a UXT apresada e executada, que fixo unha grande achega ao
asociacionismo feminino, na busca dunhas mellores condicións de
traballo para as mulleres, reclamando o mesmo salario para homes e
mulleres polo mesmo traballo. Unha loita moi do noso tempo, xa que
aínda hoxe as mulleres percibimos un 40% menos que os homes polo
mesmo traballo, por non falar dos alarmentes datos respecto a
temporalidade dos empregos e das condicións laborais flexibles.
Dende
FeC queremos rescatar do silencio a aquelas mulleres anónimas na
loita, que a historia decidiu soterrar e silenciar, mentras son os
homes os grandes protagonistas dos feitos históricos. A
recuperación da memoria destas mulleres é tamén unha loita e
cómpre un necesario recoñecemento. Un recoñecemento que é preciso
facer precisamente neste 8 de marzo no que conmemoramos a loita
daquelas 15000 mulleres que saíron a rúa a esixir igualdade de
dereitos e mellora nas súas condicións laborais ou as mortes
daquelas outras 145 mulleres do textil que só esixían unha mellora
nas condicións de semi- escravitude nas que desenvolvían o seu
traballo.Esa loita ten que inspirarnos para construír unha
sociedade máis xusta, igualitaria e democrática. Porque sen
igualdade non hai democracia.