O
Partido Popular que é tan virtuoso no tema da “xestión” deixou
en herdanza en Ferrol a prórroga do Plan de Transporte Metropolitano
para Ferrol e a súa Área metropolitana, feito tal que non permite
implantar melloras neste ámbito ata o ano 2017. No
convenio asinado en 2011 queda estipulada a prórroga de xeito
automático, salvo nova negociación antes do 1 de maio de 2015.
A rede de transporte urbano está integrada na Área de metropolitana de Ferrol |
O
goberno de Rey Varela decidiu deixar durmindo nun caixón a
negociación dun novo convenio que garantise a viabilidade da rede de
transporte pública metropolitana, e que permitiría unha necesaria
modernización desta; tanto no número de liñas e conexións, en
horarios como na renovación da flota de transporte.
Pero parece que a mobilidade non é unha preocupación do PP, xa que
ante as demandas da mesma empresa de Tranvías de Ferrol, solicitando
melloras para garantir a viabilidade do servizo, a Xunta respondeu
que “perderon viaxeiros pero gañou máis cartos (a empresa)”,
poñendo en evidencia que os cidadáns non son a prioridade, e que a
mobilidade dos mesmos tampouco.
Emporiso,
dende FeC pese a estas circunstancias tentamos mellorar a mobilidade
dos cidadáns, entendendo que aínda que se prorrogase o dito
convenio é posible implantar algunhas melloras que pensamos deben
responder as necesidades reais de mobilidade
e que permitan a conexión entre os distintos barrios da cidade e
incluso coas zonas rurais da propia comarca ou do mesmo concello.
Para
iso de novo activaremos a participación da cidadanía a través das
Asembleas de Barrio para recoller as súas demandas en transporte e
mobilidade, e así de xeito colectivo redefinir o modelo de
mobilidade para a nosa cidade.
FeC
entende que entre as demandas máis importantes está o incremento
das contías achegadas pola Xunta de Galicia para o Transporte
Metropolitano no nosa cidade e a súa área metropolitana,
que permita un novo deseño das liñas de transporte con incremento
de frecuencias e un servizo de autobús circular con conexión entre
os barrios como un elemento fundamental para a mellora da calidade de
vida dos e das cidadáns e cidadás.
De feito Ferrol e a súa area metropolitana é a que menor
investimento público percibe tanto na inversión por habitante, como
por viaxeiro e quilómetro percorrido, ocupando o último lugar en
canto contía económica das sete principais cidades de Galicia.
Área Metropolitana de Ferrol |
Entendemos
que o transporte público e nomeadamente o transporte metropolitano,
debe permitir a compatibilidade non só entre distintos medios de
transporte (principalmente ferroviario) senón cos horarios laborais
e escolares que fomenten o emprego do transporte público. Isto
permitiría unha diminución diaria de vehículos privados o que
aportaría unha mellora medioambiental e un significativo aforro nas
viaxes diarias das persoas.
Un dos atributos do Transporte Metropolitano por excelencia é a
conexión intermodal que na área metropolitana de Ferrol,
precisamente pola degradación e abandono institucional da conexión
ferroviaria, é a día de hoxe imposible. É por tanto preciso nese
senso tanto
nos servizos de FEVE, como RENFE unha mellora nas infraestruturas e
un correcto mantemento, así como o establecemento duns horarios
competitivos, que sexan complementarios co transporte. Cómpre tamén
o abaratamento das viaxes a través da AP9.
Por
todo o antedito, cómpre
mellorar a competitividade do servizo, no referente a información e
na aplicación de esixencias ás empresas concesionarias do
cumprimento das súas obrigas. No mesmo senso é necesario mellorar
as bonificacións por pertenza a colectivos de terceira idade,
desempregados ou estudantes, que contribúa na aumento das
posibilidades de mobilidade e accesibilidade a un servizo
competitivo.