FeC uníndose
ao resto de cidades que xa rebaixaron ou retiraron as súas bandeiras da UE,
amosa así o seu rexeitamento ao acordo entre a UE e Turquía, e rexeita a
inhumana postura e a política comunitaria dende o comezo da crise dos refuxiados.
Deixamos ben claro o noso rexeitamento a un acordo que prevé a deportación colectiva de refuxiadas a
Turquía, a fixación de novos criterios para a acollida de demandantes de asilo
ou a exclusión deste recoñecemento para persoas que non sexan de nacionalidade
siria, entre outras cuestións.
Apoiamos
deste xeito, este mércores 16 de marzo a
concentración convocada polas tres centrais sindicais CIG, CCOO e UXT ás 20.00
horas, diante do Edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.
Porque de todos é
coñecida a situación de Siria despois de 5 anos de conflito e que deu orixe a
unha das máis graves crises humanitarias dos últimos anos. Unha crise e un
drama que queda reflectido en dantescas cifras xa que a metade da poboación de
22 millóns de persoas que había no país antes do conflito tiveron que deixar a
súas casas, dando lugar a maior diáspora de persoas nos últimos anos. Calcúlase
que 7 millóns fuxiron a outras zonas do país, mentres que outros 4 millóns son
refuxiados nos países veciños.
Moitos outros miles de
persoas chegaron a Europa, fuxindo da guerra e da violencia. Unha Europa que
pechou a porta a milleiros de refuxiados, corrompendo así a legalidade
internacional e incumprindo a Convención do Estatuto do Refuxiado (Ginebra,
1951).
A UE lonxe de dar solucións satisfactorias, vimos
como durante meses milleiros de refuxiados quedaron as portas de Europa tras
aramados e concertinas, tras acordos de “reparto” de refuxiados que non se
cumpriron. Agora a nova solución da UE e chegar a un acordo con Turquía para
que todas as persoas refuxiadas que cheguen a Grecia poidan ser expulsadas a
territorio turco.
Este acordo
non só pode aumentar o sufrimento das persoas “refuxiadas”, senón que ademais é
de dubidosa legalidade, pese a que Juncker en sala de prensa defenda a
legalidade de expulsar aos refuxiados, seguindo a senda do presidente do
Consello Europeo, Donald Tusk que dicía: “Non veñades a Europa”. Tamén o
presidente da Parlamento Europeo amosou o seu apoio a este acordo.
Con este acordo
a UE da unha volta de 180º a política sobre os refuxiados e agora defende sen
ambaxes unha proposta que estaba enriba da mesa e que foi cualificada por
Donald Tusk como un gran logro. Unha proposta inhumana, que bordea a legalidade
internacional, crúa e que trata as persoas como obxectos de intercambio nun
suculento acordo para ambas partes.
Un país como
Turquía que non respecta os DDHH e viola as liberdades fundamentais dos seus
cidadás e cidadáns, e UE que considera, agora si un país seguro para estranxeiros de terceiros
países.