En FeC
coidamos que é prioritario comprender que estamos nun momento de
cambio decisivo para o Estado español pero, no que nos afecta, tamén
o é para Galicia ou mesmo crucial para a nosa cidade. É hora de
mudar as políticas e de escoitar novas voces no Parlamento, voces
que resoan nas institucións levando a voz da rúa como a En
Marea. que esixen un cambio radical nas políticas
económicas e de emprego do PP, que estiveron ao servizo dos poderes
económicos danando os dereitos dos traballadores para favorecer aos
grandes lobbies empresariais.
É vital para a nosa cidade que leva sufrindo o desleixo dos
sucesivos gobernos do Estado que coas súas políticas afundiron á
comarca e a Ferrol nunha crise cada vez máis profunda na que segue
aínda 30 anos despois da primeira reconversión industrial. É hora
de rescatar Ferrol.
As
políticas do emprego do PP non puideron ser máis nefastas, xa
que actuaron coma un rodete. A mostra palmaria está nos datos:
durante os catro anos de Mariano Rajoy creceu a temporalidade con
251.000 traballadores indefinidos menos, hai más desempregados
que na última época de Zapatero, cunha poboación activa menor xa
que 566.000 persoas están en situación de “mobilidade exterior”,
que diría Fátima Bañez.
Durante
os dous primeros anos Rajoy destruiu un total de 1.0178.000
empregos fronte aos 959.000
que creou nos dous anos seguintes pero que son de peor
calidade que os destruidos cunhas condicións máis flexibles e con
peores salarios.
Mariano Rajoy anunciou que crearía máis de dous millóns de empregos
En
Galicia, o goberno de Feijoó tran tirunfalista nestes últimos meses
nos que fala da recuperación deixa un panorma aínda peor que no
conxunto do Estado. Galicia é a terceira comunidade autónoma
onde máis se incrementou o paro rexistrado en xaneiro ao aumentar en
7639 persoas con respecto ao ano anterior. En Galicia
destruíronse 15000 empregos e en xaneiro desapareceu gran parte do
emprego xerado no último ano. De feito agora hai máis desemprego
que cando Feijoó subiu ao poder, pasou do 17,7% ao19,3% ao final de
2015.
Na
nosa cidade a situación non é moito mellor. Estamos en
situación de “emerxencia social” ante a que o goberno do
Estado e da Xunta non actúan. O
emprego nestes últimos catro anos empeorou e de novo os datos
deste xaneiro deixan preto de 7000 desempregados na cidade e na
comarca temos xa 17509 persoas sen traballo. Das
sete cidades galegas Ferrol é a cidade cunha taxa de ocupación das
máis baixas dos sete concellos galegos (34%) e con maior taxa de
paro (27,9%) todo isto tendo en conta que no pasado ano
marcharon da cidade 2411 persoas na súa maioría persoas en idade
activa, principalmente xente nova e formada perdendo así un
capital humano fundamental para dinamizar e recuperar a nosa cidade.
Vivimos unha verdadeira sangría migratoria.
FeC
entende que unha cidade nesta grave situación na que as políticas
do PP (no Estado, na Xunta e e durante o goberno de Rey Varela na
cidade) non fixeron máis que afondar a crise estrutural da cidade.
Unha cidade inmersa nunha profunda crise económica dende a primeira
reestruturación do sector naval.
Representantes de En Marea no Congreso
Dende
FeC pensamos que En Marea vai lograr que as demandas da nosa
cidade cheguen a Madrid e que se escoite a nosa voz, e coa súa
presenza esixan novas políticas públicas que en especial promovan,
favorezan, fortalezan e revitalicen de novo o noso sector naval
público, que ningún dos gobernos de Madrid tivo interese en
protexer e fomentar.
Pero
non só pensamos no sector naval xa que cremos que para revitalizar a
economía da nosa cidade é preciso tamén avogar por outros sectores
coma a enerxía verde, servizos sociais, o cooperativismo ou
agricultura ecolóxica que permita potenciar tamén os produtores e a
economía local e da propia comarca. Pero para iso é preciso mudalo
todo, para iso son precisas novas políticas e sobre todo que as
demandas da nosa cidade teñen o seu sitio en Madrid, a través de En
Marea.